Non ao TTIP

with Non hai comentarios

Campaña que pretende abordar a problemática derivada da política económica e comercial global actual que se desenvolve a partir da construción de Tratados de Libre Comercio (TLC). As violacións de dereitos laborais, o esmagamento do pequeno comercio, a destrución dos ecosistemas, a cesión da soberanía ás empresas, o incremento da fenda social ou a comercialización dos datos privados, son só algunhas das cuestións ás que remiten o TTIP, CETA, TISA…

Recuperar Os Barrios

with Non hai comentarios

Campaña de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.

Clima 21

with Non hai comentarios

Campaña que pretende denunciar e actuar contra os procesos de destrución do planeta ao tempo que sensibiliza sobre a perda que supón a destrución do medio ambiente. A través desta campaña pretenden buscarse vías e alternativas que garantan un uso xusto e responsable dos recursos e non destrúan o medio ambiente. Ademais ECOAR))) busca crear unha estrutura global estable dende onde facer fronte ao sistema capitalista actual e enfocar os grandes temas relacionados coa xustiza global, os dereitos humanos e … Ler máis

Do NOT follow this link or you will be banned from the site!