ECOAR))) é unha organización que se financia a partir de contribucións individuais e non acepta en ningún caso:

  • Financiamento de gobernos e entidades privadas transnacionais de ningún tipo.
  • Cartos de ningún tipo de entidade, colectivo ou persoa que non respecten os puntos ideolóxicos, valores ou os principios metodolóxicos de ECOAR))).

Pepa Loba

O financiamento de ECOAR))) conséguese principalmente a través da actividade da Pepa Loba.

A Pepa Loba é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que ten unha triple finalidade:

  • Xerar un espazo que facilite un financiamento continuo a través de socixs (Pepa Loba).
  • Servir como ferramenta de crowdfounding (Pepa Loba).
  • Servir como caixa de resistencia e solidariedade (Burla Negra).