“Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.”

Eduardo Galeano.

As persoas que conformamos ECOAR))) loitamos a través de accións e campañas diversas e creativas en diferentes recunchos do planeta para acadar un mundo máis xusto que teña a ética e a dignidade como principios básicos dende os que construirse.

En ECOAR))) sabemos que outro mundo é posible e necesario e por iso construímos alternativas e resposta social de xeito constante baseándonos na independencia, a coherencia e a resiliencia.

A nosa actuación baséase no desenvolvemento de campañas e iniciativas a través da acción directa, a presión pública e a sensibilización, para podermos exercer e defender os dereitos, as liberdades e o planeta.

Xs activistas de ECOAR))) somos persoas completamente convencidas de que as situacións sempre poden cambiar se se fai unha acción sostida e cualitativa baseada na análise, a planificación, o coñecemento especializado e o traballo en rede.

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
“Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo” Eduardo Galeano

 

ACCIÓN DIRECTA

Realizamos diversas accións en diferentes partes do mundo a través do traballo coordinado con outras organizacións ou de xeito independente.

MOBILIZACIÓN

Impulsamos a mobilización social a través de diferentes iniciativas, espazos e campañas.

PRESIÓN

Establecemos redes e presionamos ás autoridades e responsables para provocar cambio no marco político e lexislativo.

INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

Denunciamos, difundimos e formamos a través dos nosos espazos web, as accións de rúa e as accións formativas.

ASESORAMENTO

Asesoramos e apoiamos a outrxs activistas e organizacións que nolo solicitan sobre diversas cuestións relacionadas co activismo.

 

“É xustiza e non caridade o que precisa o mundo.”

Mary Wollstonecraft.

… respecto de como será a miña participación.

O único que tes que facer para empezar a participar connosco é cubrir os datos do formulario. A partir de aí contactaremos contigo e porémonos de acordo cos pasos a seguir para que te integres dentro da estrutura e empecemos a construír de maneira conxunta.

En ECOAR))) hai 5 xeitos de participación:

Activista
  • participa regularmente en ECOAR))).
  • ten poder de decisión.
Activista Puntual
  • participa regularmente só ao longo dunha campaña ou tempada determinadas.
  • ten poder de decisión no eido que estea activx, pero nunca en cuestións internas.
Colaborador/a
  • participa de xeito regular a través de tarefas específicas.
  • non ten poder de decisión.
Colaborador/a Puntual
  • non participa regularmente, encárgase de cousas moi puntuais.
  • non ten poder de decisión.
Técnicx
  • Son aquelas persoas especializadas nun eido concreto que realizan tarefas específicas que non atende ECOAR))) dentro da súa estrutura.
  • participa regularmente nunha temática determinada.
  • non ten poder de decisión.

 

… respecto de como é o meu perfil.

Non te preocupes por iso neste intre. Está claro que ter axustadx cada activista ao seu perfil é o proceso clave para poder construír un bo equipo, pero ese é un proceso que faremos de xeito conxunto que non tes que indicarnos a estas alturas. O único que temos que saber neste intre é que compartes a nosa visión e que queres ter un rol máis activo dentro de ECOAR))).

Claro!! ECOAR))) componse de persoas de diferentes perfís e traxectorias. No caso de que non teñas ningunha experiencia como activista ou che falte formación específica no eido no que te insiras, estruturaremos un proceso formativo progresivo para que poidas desenvolver a túa tarefa. As únicas limitacións que terás serán as que ti te marques.

Por suposto!! Formar parte de ECOAR))) non é incompatible coa pertenza a outro tipo de organizacións sociais (colectivos, partidos, plataformas, asociacións, sindicatos, agrupacións, cooperativas,…). As únicas limitacións que pode haber para participar en ECOAR))) son aquelas derivadas de non respectar os seus principios, valores, estratexia e metodoloxía. Un dos principios que nos rexen é o carácter sumativo e o fortalecemento do tecido social. Tal e como nós o vemos trátase de que a túa incorporación a ECOAR))) implique un reforzo do tecido de todas aquelas persoas que loitamos por un mundo máis xusto, non de debilitar o que xa existe.

Non é preciso. Evidentemente canta máis formación teña unha persoa mellor para todxs, pero no caso de non ter formación específica non te preocupes. Estruturaremos contigo o teu proceso formativo, para que vaias adquirindo os coñecementos precisos para o desenvolvemento da túa tarefa ou tarefas en ECOAR))).

Se es menor poderás participar connosco sempre e cando teñas consentimento, documentalmente acreditado, da túa nai, pai ou titor/a legal. Neste caso deberás enviarnos un correo a ecoar@ecoarglobal.org co asunto “Menor”, onde nos indiques cales son as túas motivacións para unirte a ECOAR))) e explicarémosche os pasos que deberás seguir para poder empezar a actuar como activista.

Por favor, non nos envíes ningún dato persoal teu nin da túa familia se non contas co consentimento da túa nai, pai ou titor/a legal.

… respecto de que é e que supón actuar en ECOAR))).

Iso vai depender da tarefa que queiras desenvolver e do compromiso que queiras adquirir dentro da estrutura. En xeral xs activistas teñen unha carga moi superior aos/ás colaboradorxs, pero non hai un tempo estándar fixado. Ninguén máis ca ti coñece canto tempo podes dedicarlle a unha tarefa determinada así como que é o que podes asumir.

En ningún caso é obrigatorio, pero a maioría de nós somos socixs da Pepa Loba, pois aínda que é unha ferramenta independente, podemos contar cunha base económica estable a partir de achegas continuas dxs socixs.

ECOAR))) non recibe diñeiro de ningún tipo de institución, de ningunha empresa transnacional, nin de ningún tipo de persoa que non cumpra cos seus principios e valores. Así pois para manter a nosa independencia á hora de realizar o noso traballo é preciso termos unha ferramenta económica sólida.

Non. ECOAR))) é un proxecto de activistas que teñen un enfoque do activismo baseado entre outras cuestións en desenvolver un traballo profesional non remunerado. Somos persoas de diferentes perfís que achegamos os nosos coñecementos en áreas determinadas para levar ao cabo unha acción efectiva, eficiente e creativa, ao tempo que entendemos que, como habitantes do planeta, debemos ter un rol activo e realizar un traballo en rede para defender os dereitos, as liberdades e o planeta.

Sen ningún problema, pero non poderemos expedirche ningún tipo de certificación formal nin oficial, posto que ECOAR))) non existe administrativamente. ECOAR))) é un proxecto conformado por persoas que se organizan globalmente a partir da realización de tarefas moi especializadas que se desenvolven de xeito coordinado entre si.

… respecto do meu lugar de residencia.

Por suposto. ECOAR))) realiza a maior parte do seu traballo de coordinación a través do ciberespazo. Se contas con conexión a internet poderaste integrar en diferentes grupos e desenvolver as tarefas que te comprometeras a levar ao cabo. Non importa onde esteas, senón que fagas o que asumiches.

… respecto das tarefas que desenvolverei.

Depende, iso vai depender do que ti decidas e, ao tempo, das necesidades que teña ECOAR))) nese intre. En todo caso é un proceso que axustaremos durante os teus primeiros pasos na estrutura.

ECOAR))) é unha estrutura que ten no traballo en rede un dos seus sinais de identidade. Hai accións que podes realizar pola túa conta relacionadas connosco (sinaturas electrónicas, asistencia a charlas, difusión de eventos, campañas e accións,…), pero se pretendes incorporarte como activista terás que realizar traballo en grupo. A carga de horas que lle dediques a esta tarefa variará moito dependendo da área e tarefa que finalmente adquiras.

Como en calquera tarefa que vaias desenvolver dentro da estrutura vai depender de tres factores: as túas motivacións, as necesidades de ECOAR))) e a túa capacitación. Pero aparte diso non hai ningún requisito especial que precises.

Ti desenvolves as responsabilidades que ti elixas realizar. O que si debes ter en conta é que dependendo da responsabilidade que vaias desenvolver, tes máis ou menos compromisos asignados. De todas formas iso xa o coñecerás no proceso de incorporación a ECOAR))).

Poderás participar na toma de decisións dependendo da forma de participación que teñas, así como da responsabilidade que adquiras dentro da estrutura.

Por suposto!! Un elemento fundamental dentro de ECOAR))) é a formación e actualización dxs coñecementos de cada activista. Entendemos que para facermos un traballo eficiente e eficaz como estrutura, cada activista debe ter uns coñecementos específicos moi elevados que, cando actuemos como grupo, nos permitan gozar dunha grande variedade de recursos para afrontar con seguridade, eficiencia e eficacia cada situación e meta que teñamos que abordar. Para acadar isto xs compañeirxs da área de formación apoiarante na construción do teu proceso formativo dentro da estrutura, pero x responsable últimx da túa formación serás ti.

Se queres contactar connosco podes facelo a través da nosa dirección de correo ecoar@ecoarglobal.org ou enchendo o formulario que segue e respostaremos na maior brevidade posible.

Para unirte a ECOAR))) como activista, colaborador/a ou técnicx, e loitar polos dereitos, as liberdades e o planeta construíndo alternativas e resposta social de xeito global, só tes que encher cos teus datos o seguinte formulario.

Se pola razón que fora tiveras problemas no envío do formulario pódeste poñer en contacto connosco en ecoar@ecoarglobal.org co asunto “Ficha datos novx activista” e onde insiras os datos que aparecen no formulario. En breves porémonos en contacto contigo para empezarmos a estruturar o teu traballo.

Insire un correo que revises regularmente pois vai ser a vía pola que nos comuniquemos.


Insire un correo que revises regularmente pois vai ser a vía pola que nos comuniquemos.