Definición de DDHH: Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que toda persoa posúe, polo mero feito da súa condición humana, á garantía dunha vida digna; independentemente de factores particulares como o seu status, etnia ou nacionalidade. Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e igualitario, e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, raza, pobo, grupo ou clase social determinado.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos establece dous grandes tipos de Dereitos Humanos:
- Políticos e Civís (PC): son dereitos que protexen as liberdades individuais da infracción inxustificada dos gobernos e organizacións privadas, e garanten a capacidade para participar na vida civil e política del Estado sen discriminación ou represión.
- Económicos, Sociais e Culturais (DESC): son aqueles dereitos que garanten o benestar económico e a saúde (tanto física como mental), o acceso á vivenda, á alimentación e á auga, así como ao traballo, a educación e á cultura de tal xeito que asegure o desenvolvemento dos seres humanos e dos pobos.
Por que os defendemos?
Porque entendemos que calquera intento de alteración das condicións inherentes dun ser en contra da súa vontade, implica a aplicación de violencia sobre o mesmo. Os dereitos humanos, así como as partes do corpo, son inherentes ás persoas. Por isto consideramos que todxs debemos evitar e defender calquera agresión contra algún deles; o ataque aos dereitos humanos dun individuo ou dun pobo implica a merma dos dereitos de cada un/ha de nós. Así pois evidenciamos a falsa asociación de que a situación legal ou socio-económica é o mesmo que dereitos que ten unha persoa, o cal permite unha violación impune e reiterada de determinados colectivos (presxs, “sen papeis”, represaliadxs, mulleres, drogodependentes, menores, sen teito, discapacitadxs, empobrecidxs, maiores, dependentes,…).
Denunciamos, opoñémonos e combatemos todas e cada unha das violacións de dereitos das persoas, así como presionamos para tratar os crimes de lesa humanidade (procesos de Memoria Histórica, xenocidios,…) seguindo os principios de “xustiza, verdade e reparación”.
Deja una respuesta