Os gobernos eveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos.
Denunciamos e rexeitamos o engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes sociais, a través da perda de dereitos e liberdades. Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios.
As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer.
Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.
Como espazo cidadá, os nosos obxectivos fundamentais son, diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas; mobilizar e impulsar accións e iniciativas concretas que loiten polos dereitos humanos, a dignidade das persoas, o consumo responsable, o ecoloxismo, o interculturalismo, a igualdade de xénero,… Camiñando cara un sistema social xusto.
Chamamos a converxer a persoas e organizacións para poñer en marcha unha resposta unitaria e solidaria á crise capitalista.
DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”
MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR
PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE