PEPA LOBA, UNHA FERRAMENTA INDEPENDENTE PARA FACER FRONTE ÁS POLÍTICAS NEOLIBERAIS

with Non hai comentarios

Máis de 50 persoas acudiron este sábado á presentación da asociación Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista). Esta ferramenta, que xorde ao abeiro de ECOAR))), pretende facilitar a construción de alternativas e resposta social, ao tempo que xera mecanismos de defensa para as persoas que sofren represión por exercer os seus dereitos. Nun contexto global no que a práctica totalidade dos gobernos e organismos internacionais apostan por priorizar os beneficios das grandes corporacións transnacionais e … Ler máis

PEPA LOBA: CONTRUÍR ALTERNATIVAS E RESPOSTA SOCIAL FRONTE Á REPRESIÓN DO SISTEMA

with Non hai comentarios

Este sábado 20 de Febreiro nace unha nova ferramenta para poder artellar alternativas e resposta social, así como para poder xerar mecanismos de defensa perante as situacións de represión ás persoas que exercen os seus dereitos. A asociación Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista), que xorde ao abeiro de ECOAR))),  presentarase ás 20:02  no espazo “Dinamo Coworking” (Rúa Ecuador, 14). Hoxe, vivimos unha etapa máis dun sistema global que se caracteriza pola constante violación dos … Ler máis

PARÍS: MOBILIZACIÓNS E PROTESTAS GLOBAIS POLO CLIMA DURANTE FRONTE AO CUMIO DO COP21.

with Non hai comentarios

  “Un conservacionista de verdade é unha persoa que sabe que non herdamos o mundo dos nosos pais, senón que o temos prestado dos nosos fillos.” – John James Audubon Francia preparase para acoller o Cumio das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP21) do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2015. Neste marco, entre o 29 de novembro e o 12 de decembro, centos de organizacións da sociedade civil mobilizaranse en París en busca de novas solucións. … Ler máis

Comunicado de apoio á convocatoria de folga xeral do 14N

with Non hai comentarios

O vindeiro mércores 14 de novembro celebrarase unha xornada de folga xeral, convocada pola meirande parte dos sindicatos do Estado Español. Será un evento histórico posto que é a primeira vez que varios países da Unión Europea irán á folga en conxunto. Desta vez o motivo da protesta non é unha medida económica concreta, se non a vontade de manter unha postura clara en contra da política económica levada a cabo pola clase dirixente. Falamos logo da motivación de enfrontarse … Ler máis

XORNADAS DE ARTES ESCÉNICAS E ACTIVISMO: HAI PONTES. CATRO DÍAS PARA DEBUXAR A RADIOGRAFÍA DUN OCO

with Non hai comentarios

Entre o 10 e o 13 do vindeiro mes de Maio desenvolveranse en Vigo unhas xornadas organizadas por ECOAR))) e o Teatro Ensalle, baixo o título  “Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco”, que pretenden debater sobre os procesos de construción social e cultural, así como reflexionar sobre os posibles espazos de confluencia entre o mundo das artes escénicas e o activismo social. Para levar ao cabo este proceso as xornadas contarán con persoas e grupos de … Ler máis

Rolda de prensa. Presentación de ECOAR)))

with Non hai comentarios

A plataforma cidadá celebra o seu primeiro aniversario co lanzamento dunha nova páxina web e unha revista de opinión O vindeiro martes, 19 de marzo de 2013, ás 12:00h., terá lugar, no Bou Eva (R/ Tercio de Fora 11, ao carón da praza Fdo. O Católico) de Vigo, unha rolda de prensa con motivo da presentación de ECOAR))), Espazo de (Contra)discurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta social, unha plataforma cidadá que pretende funcionar como foro no que poder … Ler máis

CONSUMIR NO NADAL E NON SER CONSUMIDX

with Non hai comentarios

“«consumo, sociedade de»: Prodixioso envase cheo de nada. Invención de alto valor científico, que permite suprimir as necesidades reais, mediante a oportuna imposición de necesidades artificiais.”  – Eduardo Galeano Como cada ano, este nadal as grandes transnacionais gañarán millóns polo habitual aumento no consumo que se produce nestas festas. O consumismo promove un modelo insostible ambiental e socialmente. Lémbrese que se o resto do mundo tivera o consumo que se dá nos países enrriquecidos, serían precisos 3 planetas iguais para … Ler máis

COMBATER O CETA CUN OUTONO EN RESISTENCIA

with Non hai comentarios

“O mercado é unha institucionalización do individualismo e a irresponsabilidade. Nin o comprador nin o vendedor son responsables de ningunha cousa excepto de eles mesmos.” – Ernst Friedrich Schumacher. Do 8 ao 15 de outubro terá lugar unha semana de  mobilización a nivel estatal contra os tratados de libre comercio. Distintas organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas convocamos un Outono en Resistencia para dar resposta a uns tratados como o CETA ou o TTIP, que suporán na práctica … Ler máis

FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO!

with Non hai comentarios

  O dia 11 de Xuño de 2016 o Movemento Ibérico Antinuclear vai celebrar unhas xornadas antinucleares, ás que acudirán distintos colectivos sociais e expertos en materia nuclear. As xornadas culminaran cunha manifestación na cidade estremeña de Cáceres para pedir o peche da central de Almaraz, a máis vella das centrais ibéricas activas. No 2014 Almaraz supuxo o 20,62 % da produción bruta total de enerxía eléctrica producida no Estado Español, o que supón un porcentaxe de enerxía útil moito … Ler máis

1 2
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!