Xeral

ECOAR))) é un espazo de natureza global conformado por persoas que se coordinan, constrúen e actúan, dende o local ao internacional, para facerlle fronte ás inxustizas, creando alternativas e resposta social ao sistema.

Ademais, ECOAR))) pretende ser unha estrutura sólida, resiliente, creativa, eficiente e eficaz para os movementos sociais e a cidadanía, que busque a construción dun sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade.

ECOAR))) é un acrónimo formado a partir de Espazo de (Contra)discurso, Construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social.

Ademais ‘ecoar’ é un termo que en lingua galega posúe un triplo significado que recolle a base da identidade do proxecto:

  • Multiplicar”, posto que búscase construír campañas, iniciativas e accións, así como tecer redes  dende onde sumar forzas para así poder acadar un impacto sólido.
  • Facer Eco”, pois preténdense difundir a diversidade de voces, enfoques e liñas que ofrecen alternativas así como outras visións do que sucede no planeta, tanto no marco teórico como no práctico.
  • Retumbar”, xa que se procura levar ao cabo unha liña de acción que teña un impacto real e efectivo sobre a estrutura do sistema.

Ecoar))) busca crear un espazo de coordinación e mobilización xerando un tecido social crítico e activo para artellar, dende o local ao internacional, unha resposta unitaria á hexemonía capitalista a través da pluralidade, a actitude sumativa e o traballo en rede.

ECOAR))) parte dunha serie de valores que se coligan con 10 puntos básicos para poder estruturar o seu xeito de actuación e así poder acadar accións, campañas e iniciativas que sexan coherentes, eficaces e cualitativas.

ECOAR))) é un espazo conformado por persoas con diversas sensibilidades e procedencias. Entre elas comparten entre si uns obxectivos comúns e un xeito de entender o activismo dunha forma cualitativa a través do compromiso, a coherencia, a dignidade e a ética.

Non, ECOAR))) é apartidista, asindical e aconfesional. Isto non significa que ECOAR))) sexa unha estrutura contraria a outras formas de organización. Porén ECOAR))) defende o principio de independecia como base da súa acción.

Estrutura e funcionamento

ECOAR))) é un espazo que actúa de xeito global. ECOAR))) está conformado por activistas de diferentes países que se coordinan para realizar accións baseadas na construción de alternativas e resposta social.

A asemblea xeral é o órgano decisorio central e último, e buscase sempre o consenso de todas as partes. Cada grupo sen embargo ten autonomía a hora de desenvolver o seu traballo sempre dentro dos principios básicos e coherencia co grupo.

ECOAR))) basea a súa actuación no principio de independencia. Por esta cuestión os procesos e ferramentas polas que se aposta son abertas e centradas na autoxestión. En todo caso ECOAR)))   non admite de ningún xeito:

  • cartos de gobernos nin entidades transnacionais de ningún tipo.
  • cartos de persoas físicas ou xurídicas que non respecten os seus principios.
  • ingresos por publicidade.

ECOAR))) é unha ferramenta de carácter independente que se apoia na acción directa, a presión pública, a sensibilización e a solidariedade, para denunciar, visibilizar e concienciar sobre os problemas globais relacionados cos dereitos humanos e o medioambiente, así como para activar á cidadanía actuando de xeito efectivo a partir da análise, a planificación e a estratexia.

Materiais

En xeral ECOAR))) aposta pola cultura e a información de xeito aberto e os materiais que se atopan na web soen contar cunha licenza Licenza Creative Commons Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Aínda así a web pode haber materiais de terceirxs con outro tipo de licenza. Nestes casos deberase respectar sempre o tipo de licenza que se indique.

Participa!

Calquera persoa física que estea de acordo cos principios básicos, os valores e a forma de traballar de ECOAR))).

Visita o espazo activista, dende o cal poderás consultar paso a paso as diferentes formas de poder participar en ECOAR))), así como as principais dúbidas que se che poidan presentar.

Si, sempre que este non vaia en contra dos principios básicos de ECOAR))).

Visita a área de Infórmate no espazo activista e mantente informadx e activx a través das publicacións, campañas, redes sociais, etc.

ECOAR))) garda nun ficheiro informatizado e encriptado os datos persoais que manexa. Ademais en ningún caso se fará ningún uso dos teus datos sen o teu consentimento. Se queres podes facer unha consulta máis a fondo do tratamento dos mesmos na nosa Política de Privacidade.