Pepa Loba

with Non hai comentarios

A Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista, é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))) para sufragar as necesidades económicas para o desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, tanto no eido das alternativas como da resposta social. Ao tempo A Pepa Loba busca actuar solidariamente con e entre colectivos e persoas para que poidan levar adiante as súas campañas.

Burla Negra

with Non hai comentarios

A Burla Negra é un instrumento aberto da Pepa Loba que funciona como ‘caixa de resistencia e solidariedade’ para que xs activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción e que busca: colaborar para que xs activistas poidan sufragar as multas derivadas da súa acción. Construír campañas de denuncia de represión social e política. Servir como ferramenta onde denunciar situacións de represión social e política.

Revista A Boia (2013-2015)

with Non hai comentarios

A revista “A Boia” foi unha ferramenta para construír un discurso e contradiscurso critico dende diversas olladas . Entre os seus obxectivos estaba conectar Vigo e a súa contorna coas iniciativas, mobilizacións e impulsos sociais e culturais que se dean a nivel tanto local como nacional e internacional. A revista “A Boia” foi unha ferramenta que buscaba achegar á cidadanía as alternativas, iniciativas e respostas sociais e culturais ao sistema que se produciran en Vigo e na súa comarca.

Web ECOAR))) [2013-2017]

with Non hai comentarios

ECOAR))) transfórmase progresivamente nunha estrutura máis complexa. Iníciase unha fonda modificación da dinámica de traballo así como do perfil do grupo e, como consecuencia disto, búscanse novas ferramentas a empregar que permitan axilizar non só a comunicación exterior senón o traballo das partes que participan na estrutura. Búscase unha web con diferentes usuarixs e permisos que permita traballar de xeito descentralizado ao tempo que se habilita un espazo onde atopar informacións básicas sobre ECOAR))), os seus posicionamentos, accións e iniciativas.

Web ECOAR))) [2012-2013]

with Non hai comentarios

O nacemento de ECOAR))) implica a construción dun espazo-ferramenta que busca servir para coordinar e estruturar alternativas e resposta social en Vigo e comarca; así como conectar Vigo con outras localidades e impulsos doutras zonas do planeta. Búscase entón acadar un ferramenta sinxela e funcional que permita publicar e difundir, posicionamentos e materiais das accións e iniciativas que se desenvolven nese momento.