ECOAR))) é un acrónimo que se forma a partir de Espazo de (Contra)discurso, Construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social.

 

ECOAR))) é unha ferramenta de carácter independente que se apoia na acción directa, a presión pública, a sensibilización e a solidariedade, para construír un sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade, a partir dos seguintes puntos básicos:

 

  • ANTICAPITALISMO
  • ANTIGLOBALIZACIÓN
  • CONSUMO RESPONSÁBEL
  • DEFENSA DO PÚBLICO
  • DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS
  • ECOLOXISMO
  • ESTADO SOCIAL E LAICO
  • HORIZONTALIZACIÓN DA SOCIEDADE
  • INTERCULTURALISMO
  • NON VIOLENCIA

 

ECOAR))), ademais, é un espazo de natureza global conformado por persoas que se coordinan, constrúen e actúan, dende o local ao internacional:

  • para facer fronte ás inxustizas e aos problemas globais relacionados cos dereitos humanos e o medioambiente.
  • para activar á cidadanía actuando de xeito efectivo e eficiente a partir da análise, a planificación e a estratexia.