A web https://ecoarglobal.org/ é un espazo que serve para comunicar, difundir, denunciar, actuar e tecer rede. Ten en conta que sempre que insiras os teus datos na web supón aceptar a “política de privacidade”.
Nalgunha ocasión puntual o sitio web pode ter ligazóns a outras páxinas web que posúen a súa propia “política de privacidade”.
Só recollemos os teus datos se nos autorizas, en ningún caso se recollen datos persoais sen que x titular o coñeza.
Toda a información que nos achegues gardarase nun ficheiro automatizado e confidencial.
Os datos que nos deixes a través dos formularios da web implican que estás a aceptar expresamente o contido desta “política de privacidade” e autorizas a que se usen os teus datos para as fins especificadas.
Se non concordas coa “política de privacidade” nalgún dos puntos especificados, por favor, non nos deixes os teus datos. Escribe unha mensaxe coa túa opinión ou as túas dúbidas a ecoar@ecoarglobal.org e responderémosche canto antes.
A web emprega cookies2 que analizan o uso que fai cada usuarix da web. A través das cookies compílase información estatística (frecuencia de uso, páxinas visitadas, número de visitas e “clics”, etc) para mellorar a eficacia das nosas iniciativas a través da análise deses datos.
Aceptando a “política de privacidade” autorízasnos a usar as cookies para comunicarnos contigo.
No caso de que non queiras ter cookies no teu computador, debes cambiar a configuración do teu navegador3, pero debes ser consciente que no caso de bloquear todas as cookies, certas partes do sitio ou doutros sitios poden perder as súas funcionalidades.
2. Anacos de información de almacenaxe no disco duro do computador cando visita unha páxina web
3. Xeralmente ‘ferramentas–opcións–privacidade’
Todos. Os teus datos son só teus, así que en todo momento tes dereito a saber que tratamento lles damos, a modificalos cando e como desexes e a indicarnos que os borremos. Para calquera destas cuestións deberás dirixirnos un correo a ecoar@ecoarglobal.org co asunto “DATOS PERSOAIS” e deberás describirnos cal é a acción que queres que realicemos cos teus datos.
A seguridade dos teus datos persoais é unha cuestión clave. En todos os espazos da web onde deixas os teus datos, usamos a tecnoloxía SSL4, para que a información entre a túa máquina e o noso servidor establézase de xeito completamente encriptado.
4. Secure Socket Layer ou Protocolo de Capa de Conexión Segura
Se es menor poderás participar connosco sempre e cando teñas consentimento, documentalmente acreditado, da túa nai, pai ou titor/a legal. Neste caso deberás enviarnos un correo a ecoar@ecoarglobal.org co asunto “Menor”, onde nos indiques cales son as túas motivacións para unirte a ECOAR))) e explicarémosche os pasos que deberás seguir para poder empezar a actuar como activista.
Por favor, non nos envíes ningún dato persoal teu nin da túa familia se non contas co consentimento da túa nai, pai ou titor/a legal.