ÉTICA

Non nos axustamos aos patróns legais ou culturais establecidos, a nosa actuación sempre se rexe pola integridade e o respecto aos nosos principios, valores, métodos e conviccións en cada acción, situación e circunstancia.

 

DIGNIDADE

Entendemos que cada ollada ten unha voz e un espazo que ocupar, e que a súa acción debe ter un carácter proactivo.

 

XUSTIZA

Non podemos falar de xustiza sen acadar un reparto e un acceso equitativo a recursos, ferramentas e información, ao tempo que se promoven, exercen e respectan tanto as liberdades e dereitos de todxs como ao propio planeta.

 

ACCIÓN

Empregamos a acción directa non violenta para visibilizar, sensibilizar, denunciar e enfrontar os problemas globais, así como tamén para que as persoas e sociedades se empoderen, activen e mobilicen na defensa dos dereitos e o medioambiente.

 

COHERENTE

Construímos a nosa actuación e posicionamentos en todos os ámbitos, de xeito lóxico e consecuente, axustándonos aos nosos valores, principios, métodos e conviccións.

 

CUALITATIVX

A nosa actuación parte sempre dunha análise fonda, apoiada en criterios técnicos, para desenvolver unha estratexia e unha planificación, e así poder atopar xeitos de responder aos problemas e situacións así como solucións aos mesmos.

 

INDEPENDENTE

A nosa independencia é económica (pois non aceptamos cartos de gobernos, nin de empresas, nin de ningunha persoa física ou xurídica que non respecte os nosos principios), legal (pois non existimos administrativamente) e de acción (pois declarámonos asindicalistas, apartidistas e aconfesionais).

 

OBXECTIVX

Unha visión aséptica, científico-técnica e independente, permítenos acadar información imparcial, e polo tanto, poder abordar cada situación de xeito ecuánime, independentemente de onde, cando, como ou de quen veña.

 

RISILIENTE

Buscamos establecer unha estrutura capaz de absorber as perturbacións sen alterar significativamente as súas características e a súa funcionalidade, a través da previsión de riscos e da sinerxia con outras organizacións e persoas.

 

SUMATIVX

Buscamos conservar e potenciar a heteroxeneidade, así como concibir cada solución como un feito plural no que cada parte achega a súa ollada particular e axeita cada aspecto á súa realidade, así como permite que as accións, iniciativas e campañas poidan estruturarse globalmente ao tempo que inciden, inflúen e actúan de maneira local.

TRANSPARENTE

Entendemos que para xerar unha sociedade global horizontal é clave que todos os elementos que a conforman teñan mecanismos claros de rendición de contas así como de control e acceso á información e ás diferentes ferramentas equitativamente.