Non ao TTIP

with Non hai comentarios

Campaña que pretende abordar a problemática derivada da política económica e comercial global actual que se desenvolve a partir da construción de Tratados de Libre Comercio (TLC). As violacións de dereitos laborais, o esmagamento do pequeno comercio, a destrución dos ecosistemas, a cesión da soberanía ás empresas, o incremento da fenda social ou a comercialización dos datos privados, son só algunhas das cuestións ás que remiten o TTIP, CETA, TISA…

Recuperar Os Barrios

with Non hai comentarios

Campaña de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.

Comunicación, Poder e Contrapoder

with Non hai comentarios

Xornadas formadas por distintas palestras con temáticas concretas que buscan mapear as causas e consecuencias do sistema de comunicación na sociedade actual; coñecer proxectos e iniciativas comunicativas que xeren alternativas á hora de construír as sociedades; aprender como as persoas podemos usar as ferramentas comunicativas para reconstruír o mundo; coñecer como manexar a infoxicación e o silencio informativo; entender o poder real dos medios de comunicación; así como coñecer a diversidade no tipo de activismos comunicativos.

Hai Pontes

with Non hai comentarios

Xornadas que pretenden reflexionar sobre os espazos de confluencia posibles entre o mundo das artes escénicas e o do activismo social; analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural; crear un espazo dinámico onde se amosen diversos xeitos de interacción no medio social; cavilar sobre as artes escénicas como ferramenta de cambio social, e do activismo como mecanismo de troco cultural; debater sobre os procesos de construción social e cultural.

Clima 21

with Non hai comentarios

Campaña que pretende denunciar e actuar contra os procesos de destrución do planeta ao tempo que sensibiliza sobre a perda que supón a destrución do medio ambiente. A través desta campaña pretenden buscarse vías e alternativas que garantan un uso xusto e responsable dos recursos e non destrúan o medio ambiente. Ademais ECOAR))) busca crear unha estrutura global estable dende onde facer fronte ao sistema capitalista actual e enfocar os grandes temas relacionados coa xustiza global, os dereitos humanos e … Ler máis

Recuperar Soberanía, Desarmar o TTIP

with Non hai comentarios

Xornadas que terán como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA…) sobre as persoas e a biodiversidade. Pretenden achegar á cidadanía, a través de diversas olladas e un enfoque crítico e plural, que é o que vai supor a aprobación dos tratados de libre comercio.