2001-2011: INICIO DUN CONCEPTO

Análises e reflexións informais sobre como afrontar as diversas problemáticas que se dan no mundo (causas, consecuencias e necesidades).

Aparece a idea de xerar unha estrutura para mellorar a eficiencia e eficacia das organizacións e activistas.

 

2011 – 2012: CREACIÓN DUNHA REDE LOCAL DINÁMICA

No contexto da primavera de 2011 percíbese unha sociedade global con vontade de organización pero con falla de ferramentas e iniciativas de canalización eficiente e eficaz.

19/11/11: Inicio da construción dunha ferramenta social, onde aglutinar e coordinar fronte ás políticas de recortes sociais en Vigo e comarca.

17/03/12: A Plataforma Vigo inicia a súa andaina.

 

2012 – 2013: UN ESPAZO-FERRAMENTA LOCAL CON VOCACIÓN GLOBAL

A rápida incorporación de organizacións e activistas á Plataforma Vigo leva a apostar por xerar unha nova estrutura máis complexa que conecte Vigo con outras localidades e impulsos doutras zonas do planeta.

21/03/13: Nace ECOAR))), Espazo de (Contra)discurso, Construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social.

 

2013 – 2014: UNHA ESTRUTURA ALTAMENTE ESPECIALIZADA E GLOBAL

O aumento da carga de traballo así como a complexidade das tarefas levan a transformar ECOAR))) nunha estrutura profesional non remunerada de carácter global que deixa de ter o seu epicentro en Vigo e Galiza. ECOAR))) pasa a ser así nunha estrutura que conta con accións, activistas e grupos de e en calquera parte do planeta.

 

2015 – Hoxe: CONSTRUCIÓN DA ESTRUTURA BÁSICA DE ECOAR))) GLOBAL

Dende o 1 de xaneiro de 2015 iníciase unha etapa na que se pretende dotar a ECOAR))) da estrutura necesaria para afrontar a nova situación. Empézase a accionar en diferentes partes do planeta, deséñanse e constrúense ferramentas e dinámicas complexas, así como comezan a integrarse activistas de diferentes recunchos do mundo.