Comunicación, Poder e Contrapoder

with Non hai comentarios

Xornadas formadas por distintas palestras con temáticas concretas que buscan mapear as causas e consecuencias do sistema de comunicación na sociedade actual; coñecer proxectos e iniciativas comunicativas que xeren alternativas á hora de construír as sociedades; aprender como as persoas podemos usar as ferramentas comunicativas para reconstruír o mundo; coñecer como manexar a infoxicación e o silencio informativo; entender o poder real dos medios de comunicación; así como coñecer a diversidade no tipo de activismos comunicativos.

Hai Pontes

with Non hai comentarios

Xornadas que pretenden reflexionar sobre os espazos de confluencia posibles entre o mundo das artes escénicas e o do activismo social; analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural; crear un espazo dinámico onde se amosen diversos xeitos de interacción no medio social; cavilar sobre as artes escénicas como ferramenta de cambio social, e do activismo como mecanismo de troco cultural; debater sobre os procesos de construción social e cultural.

Clima 21

with Non hai comentarios

Campaña que pretende denunciar e actuar contra os procesos de destrución do planeta ao tempo que sensibiliza sobre a perda que supón a destrución do medio ambiente. A través desta campaña pretenden buscarse vías e alternativas que garantan un uso xusto e responsable dos recursos e non destrúan o medio ambiente. Ademais ECOAR))) busca crear unha estrutura global estable dende onde facer fronte ao sistema capitalista actual e enfocar os grandes temas relacionados coa xustiza global, os dereitos humanos e … Ler máis