Non ao TTIP

with Non hai comentarios

Campaña que pretende abordar a problemática derivada da política económica e comercial global actual que se desenvolve a partir da construción de Tratados de Libre Comercio (TLC). As violacións de dereitos laborais, o esmagamento do pequeno comercio, a destrución dos ecosistemas, a cesión da soberanía ás empresas, o incremento da fenda social ou a comercialización dos datos privados, son só algunhas das cuestións ás que remiten o TTIP, CETA, TISA…

Recuperar Os Barrios

with Non hai comentarios

Campaña de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.