Concentración Monarquía Non!!!

with Non hai comentarios

A plataforma ECOAR))) convoca á cidadanía nunha concentración en contra da monarquía

Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo o vindeiro xoves 26 de setembro, ECOAR))) convoca a toda a cidadanía viguesa a unha concentración na porta principal de Citroën, ás 11:30h., baixo o lema Monarquía Non!!!

A Monarquía é un tipo de institución que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente, como é Francisco Franco.

Por estes motivos, animámosvos a que vos acheguedes este xoves, para dar connosco aos príncipes a benvida que merecen.

 

Máis información sobre esta actividade  en www.ecoarglobal.org

 

PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

Comparte:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Time limit is exhausted. Please reload the CAPTCHA.