FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO!

with Non hai comentarios

 

O dia 11 de Xuño de 2016 o Movemento Ibérico Antinuclear vai celebrar unhas xornadas antinucleares, ás que acudirán distintos colectivos sociais e expertos en materia nuclear. As xornadas culminaran cunha manifestación na cidade estremeña de Cáceres para pedir o peche da central de Almaraz, a máis vella das centrais ibéricas activas.

No 2014 Almaraz supuxo o 20,62 % da produción bruta total de enerxía eléctrica producida no Estado Español, o que supón un porcentaxe de enerxía útil moito menor debido á ineficiencia e custos enerxéticos que se derivan da propia produción. A enerxía nuclear achega unicamente o 4,5% da enerxía primaria comercial do mundo. Segundo un informe a ESA (Axencia de Abastecemento) a UE (onde se atopan a maioría de países con reactores nucleares instalados) no 2012 dependía nun 97,3% das importacións de uranio, minaría que se dá principalmente en 5 países nos que causa graves danos ás comunidades locais e ao medio ambiente.

Na outra banda da cuestión estarían as enerxías renovables. A finais de 2014 estas representaban o 27,7% da capacidade xeradora de enerxía do mundo, suficiente para cubrir un 22.8% da demanda global de electricidade. Isto sumado a un plan de eficiencia enerxética e mobilidade sostible faría que as poboacións tiveran unha maior independencia enerxética, ademais de mitigar os impactos ambientais e sociais, a minería de uranio é moi perigosa para a saúde e o medio ambiente pola súa alta radioactividade e o gas radón utilizado nalgunhas formas de extracción.

Segundo o Instituto Max Planck, un accidente nuclear catastrófico como os de Fukushima ou Chernóbil pode producirse nalgún lugar do mundo unha vez cada 10 o 20 anos. A nuclear non é unha enerxía alternativa fronte ao cambio climático, xa que incluso triplicando a capacidade nuclear mundial unicamente daría lugar a un 6% de redución das emisións de carbono, segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE). Almaraz é a central nuclear do Estado Español máis vella con 35 anos en servizo , superando así en 5 a súa vida útil e contando cun informe do ano 2016 do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) que asegura que os sistemas de refrixeración non garanten a prevención dun accidente.

O custo de instalación de novas centrais nucleares, resulta prohibitivo. Un claro exemplo é Hinkley Point (Reino Unido), onde o Goberno británico tivo que garantir uns ingresos por lei de case o dobre do que custa a electricidade no mercado de produción dese país, a un consorcio franco-chinés. Isto supón unha subvención que ascende a máis de 37.000 millóns de libras para un reactor que, como pronto, estará operativo en 2023.

O modelo alternativo ao incremento das nucleares sería establecer unha folla de ruta para o peche das centrais, tal e como xa fixeron Alemaña ou Italia, onde ademais acompáñanse dun plan para impulsar as enerxías limpas, seguras, sostibles e que confiran un maior grado de independencia enerxética.

Dende ECOAR))) chamamos a participar activamente na manifestación que terá lugar o vindeiro día 12 de xuño en Cáceres para esixir o peche definitivo da central de Almaraz. Esta acompañarase dunhas xornadas onde diferentes expertxs analizarán o que supón seguir dependendo deste tipo de enerxía. A mobilización de Almaraz pretende ser un novo paso para desterrar dunha vez por todas as centrais nucleares pola súa inseguridade e o seu alto grao contaminante. En 2016 fechemos Almaraz, por un Texo vivo!

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

ECOAR)))

Comparte:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *