HAMBURGO: G20 CONTRA AS PERSOAS E O PLANETA

with Non hai comentarios

COMUNICADO G20                                                                                                                              03 de Xullo de 2017

Os vindeiros 7 e 8 de Xullo terá lugar o cumio do G20 na cidade alemá de Hamburgo, neste espazo informal que reúne aos principais líderes mundiais, márcase a axenda neoliberal anualmente, primando o beneficio económico por riba dos dereitos das persoas e a preservación da biodiversidade.

Este foro componse por 19 países e a Unión Europea que, actualmente conforman o 80% do PIB mundial e abrangue ⅔ da poboación total do planeta. Os gobernos que participan neste foro son quen marca as grandes liñas xeoestratéxicas globais. Entre eles atópanse os grandes impulsores do comercio mundial de armas (con EEUU, China, Rusia e Arabia Saudita á cabeza) ou os que, no foro de 2008, reformaron o sistema financeiro mundial.

Concretamente a axenda do encontro de Hamburgo, baixo a presidencia alemá, centrarase ademais de nas liñas a seguir no plano financeiro, nas políticas anti-terroristas e as políticas de migracións e de fluxo de refuxiadxs.

Tendo en conta este escenario, estase organizando un contracumio en Hamburgo, no que persoas de organizacións sociais de diversa índole proporán alternativas ás políticas neoliberais co obxectivo de visibilizar a necesidade dunha muda  de modelo cultural, social, político e económico que poña por diante os Dereitos Humanos e a conservación da biodiversidade, fronte aos intereses económicos dunha elite que non deixa de acumular poder. Mentres que no ano 2010, pouco despois do inicio da crise de 2008, 388 persoas tiñan a mesma riqueza que o 50% da poboación mundial, a comezos deste ano 2017 eran 8 as persoas máis ricas do mundo que acugulaban a mesma riqueza que 3.600 millóns das persoas máis pobres do planeta.

Do 5 de Xullo e ata o día 8 Hamburgo acollerá unha enorme diversidade de actos, accións e mobilizacións, así como o desenvolvemento dun contracumio que englobará os distintos temas que marcan a axenda política global actual, dende unha perspectiva crítica e diversa no que se abordarán diversas problemáticas e as súas posibles solucións. ECOAR))) formará parte deses milleiros de persoas e organizacións que estarán presentes na cidade xermana para deixar claro que “Somos moitxs!! Facemos moito ruído!! O mundo vai escoitarnos!!”.

 

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

ECOAR)))

Comparte:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Time limit is exhausted. Please reload the CAPTCHA.