PEPA LOBA, UNHA FERRAMENTA INDEPENDENTE PARA FACER FRONTE ÁS POLÍTICAS NEOLIBERAIS

with Non hai comentarios

Máis de 50 persoas acudiron este sábado á presentación da asociación Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista). Esta ferramenta, que xorde ao abeiro de ECOAR))), pretende facilitar a construción de alternativas e resposta social, ao tempo que xera mecanismos de defensa para as persoas que sofren represión por exercer os seus dereitos.

Nun contexto global no que a práctica totalidade dos gobernos e organismos internacionais apostan por priorizar os beneficios das grandes corporacións transnacionais e financeiras, sobre as políticas sociais e medioambientais, os recortes de dereitos e liberdades son unha constante á hora de buscar unha saída á crise económica global iniciada en 2008. O desequilibrio e a tensión social van en aumento no mundo, ao tempo que a organización da cidadanía, dende o local ao global, xera novas canles dende as que defender e exercer os seus dereitos e enfrontar as medidas.

A Pepa Loba é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que busca dar respaldo económico ao desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, para crear alternativas e resposta social. A asociación pretende ser unha vía de consecución de recursos así como de multiplicación de medios á hora de afrontar a construción social.

A Pepa Loba conta cunha caixa de resistencia e solidariedade, denominada Burla Negra,  que pretende que os e as activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción. A Burla Negra busca construír un mecanismo para que xs activistas poidan sufragar as multas, ao tempo que se denuncia a represión social e política.

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

ECOAR)))

Comparte:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Time limit is exhausted. Please reload the CAPTCHA.