XORNADAS DE ARTES ESCÉNICAS E ACTIVISMO: HAI PONTES. CATRO DÍAS PARA DEBUXAR A RADIOGRAFÍA DUN OCO

with Non hai comentarios

Entre o 10 e o 13 do vindeiro mes de Maio desenvolveranse en Vigo unhas xornadas organizadas por ECOAR))) e o Teatro Ensalle, baixo o título  “Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco”, que pretenden debater sobre os procesos de construción social e cultural, así como reflexionar sobre os posibles espazos de confluencia entre o mundo das artes escénicas e o activismo social.

Para levar ao cabo este proceso as xornadas contarán con persoas e grupos de diversa procedencia que desenvolverán diferentes formas de interacción social (performances, accións contraculturais, actuacións,…) que buscarán impactar e incidir sobre o medio no que se realicen. O outro elemento central das xornadas son os puntos de confluencia, a través dos que se pretende xerar un espazo onde intercambiar enfoques e métodos diversos, así como abordar e debater sobre diferentes conceptos e temáticas que afectan á construción social e cultural.

“Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco”  serán unhas xornadas de carácter gratuíto e abertas á participación de toda a cidadanía en todos e cada un dos seus espazos. Durante os seus catro días de duración buscarán analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural; reflexionarán sobre o papel que poden xogar no cambio social as artes escénicas e o papel que pode xogar o activismo na mudanza cultural; ao tempo que se crea un espazo dinámico onde se amosan diversos xeitos de interacción no medio social.

 

Web: http://pontes.ecoarglobal.org/

Evento: https://www.facebook.com/events/1240489362665111/

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=4Rni9cJ2UsU

 

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

ECOAR)))

Comparte:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Time limit is exhausted. Please reload the CAPTCHA.