FECHAR ALMARAZ , POR UN TEXO VIVO!

with Non hai comentarios

  O dia 11 de Xuño de 2016 o Movemento Ibérico Antinuclear vai celebrar unhas xornadas antinucleares, ás que acudirán distintos colectivos sociais e expertos en materia nuclear. As xornadas culminaran cunha manifestación na cidade estremeña de Cáceres para pedir o peche da central de Almaraz, a máis vella das centrais ibéricas activas. No 2014 Almaraz supuxo o 20,62 % da produción bruta total de enerxía eléctrica producida no Estado Español, o que supón un porcentaxe de enerxía útil moito … Ler máis

ENDE GELÄNDE!: DESOBEDECER PARA PRESERVAR O PLANETA

with Non hai comentarios

Do 13 ao 16 de Maio Ende Gelände volverá unir persoas e colectivos de toda Europa que se opoñen á industria dos combustibles fósiles e ao sistema económico neoliberal imperante. Encadrado dentro da campaña global “Break Free From Fossil Fuels” (Libérate dos Combustibles Fósiles), levarase ao cabo de novo o bloqueo da mina de Lusacia pertencente á empresa enerxética de orixe sueca, Vattenfall. Actualmente o 87% de toda a enerxía que se consume no mundo e que motoriza a economía … Ler máis

ELISA: SER REPRIMIDA POR CONSTRUÍR SOLIDARIEDADE

with Non hai comentarios

O 9 de marzo, Elisa Pérez, portavoz da Rede Social Popular (R.S.P.), comparecerá nos xulgados de Vigo en calidade de imputada por un suposto delito de usurpación da propiedade. En setembro de 2014 Elisa xunto a outras persoas iniciaron a transformación  dun antigo chalé abandonado no número 73 da rúa Hispanidade de Vigo nun centro social. O día da presentación do Centro Social da RSP, a policía identificou como voceira a Elisa e, despois dun tempo, un dos propietarios legais … Ler máis

TRANSNATIONAL SOCIAL STRIKE: CONTRA AS FRONTEIRAS E A PRECARIZACIÓN

with Non hai comentarios

O mundo atopase nun momento no que a violación dos dereitos humanos é sistemática. Segundo o último informe de ACNUR, a finais de 2015 había case 60 millóns de persoas desprazadas e refuxiadas. En Europa aumentou de forma alarmante a xenofobia (Segundo as cifras dun informe da policía alemá, ata outubro de 2015 déronse un total de 576 delitos relacionados cos centros de refuxiados en Alemaña, unha cifra que dobra amplamente a rexistrada en 2014). A situación de emerxencia que … Ler máis

LEI MORDAZA (Entrada en Vigor)

with Non hai comentarios

COMUNICADO LEI MORDAZA O 1 de xullo de 2015 a liberdade de expresión e o dereito de manifestación e reunión quedarán feridos de morte de xeito definitivo. As coñecidas popularmente como Leis Mordaza socavan rotundamente a democracia no estado español e, por extensión, na Unión Europea. Milleiros de organizacións e doutros organismos internacionais (como, por exemplo, a ONU) teñen denunciado e urxido á retirada destas normas por considerar que vulneran ducias de artigos da lexislación internacional en materia de dereitos. … Ler máis

LEI MORDAZA

with Non hai comentarios

Hoxe apróbanse definitivamente as coñecidas popularmente como Leis Mordaza (a Lei de Seguridade Cidadá e a Reforma do Código Penal) que entrarán en vigor o 1 de xullo de 2015. O maior recorte de dereitos feito por un goberno dende o fin da ditadura franquista. A crise, provocada por un sistema que se basea na idea errada de crecemento infinito continuo e na filosofía do “todo vale”, xustifica todo tipo de agresións ás persoas e ao medioambiente sempre e cando … Ler máis

Marchas 22M

with Non hai comentarios

“E así como os pobos sen dignidade son rabaños, os individuos sen ela son escravos.” José Ingenieros. A dignidade é a calidade humana mediante a cal nos facemos respectar e valorar. Dignidade, é o concepto clave que debe guiar a saída deste sistema inxusto no que nos atopamos. Dignidade, é o que empregamos para crebar a estrutura actual e afastarnos definitivamente do capitalismo inhumano e devastador que abafa as nosas vidas. Dignidade é o que nos fai construír unha resposta … Ler máis

Galicia non castiga a aldraxe medio ambiental

with Non hai comentarios

A sentenza do Prestige, ditada once anos despois da catástrofe, provocou un fondo malestar social ao non achar responsable algún na meirande marea negra do litoral europeo. O ditame recolle uns datos impresionantes: 63.000 toneladas de chapapote vertidas, 2.980 quilómetros de costa afectados e un dano irreparable ao ecosistema mariño. Malia que o xuíz establece que o petroleiro levaba 2.150 toneladas por riba do permitido, non atopa responsabilidades penais por delito medio ambiental e non fixa indemnización algunha. A falta … Ler máis

Que é o estado? Para que serve?

with Non hai comentarios

A plataforma ECOAR))) organiza unha mesa redonda para debater sobre este concepto político e a súa utilidade. O vindeiro xoves, 3 de outubro terá lugar a mesa redonda Qué é o estado? Para qué serve?, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). O obxectivo é achegar á cidadanía as distintas posturas defendidas por diversos actores políticos e sociais en torno a esta cuestión, amosando as diferentes opcións, … Ler máis

Concentración Monarquía Non!!!

with Non hai comentarios

A plataforma ECOAR))) convoca á cidadanía nunha concentración en contra da monarquía Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo o vindeiro xoves 26 de setembro, ECOAR))) convoca a toda a cidadanía viguesa a unha concentración na porta principal de Citroën, ás 11:30h., baixo o lema Monarquía Non!!! A Monarquía é un tipo de institución que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e … Ler máis

1 2